Coidado con Harry! Ponse bravo coas rifas dunha nai á filla!
Publicado o 20/10/2020 15:51
Mira estas imaxes que nos chegan da China! Unha nena está recibindo unha rifa da nai por estragar unha crema que acababa de comprar. A nena chora desconsolada, e entra en acción Harry. O pacífico retriever ponse serio e protexe a nena da rifa da nai chegando incluso a ensinarlle os dentes para que pare de berrarlle. E funcionou! Foi a propia nai a que subiu o vídeo ás redes sociais que recibiu de inmediato milleiros de visitas e de 'likes'.
Máis sobre actualidade
21/01/2021 16:58