CRTVG

Buscar

Ciudadanos pide que se vaia votar para desbloquear o país

Publicado o 07/11/2019 21:51
Ciudadanos acaba de pechar a súa campaña en Galicia. As súas candidatas reuníronse con simpatizantes e dirixentes na súa sede de Santiago. Mostraron a súa satisfacción por como discorreu a campaña e pídenlles aos galegos que vaian votar este domingo para desbloquear España.
Albert Rivera encabezou unha comitiva de motoristas para prometer eliminar varandas de protección e sinalizar os puntos negros. Ademais, apelou ao Goberno para que non permita que ningún español quede o domingo sen votar por culpa dos radicais separatistas.

Noticias web

07/11/2019