CRTVG

Buscar

O barómetro do CIS di que o PSOE volvería gañar co 28,3% dos votos

Publicado o 16/01/2020 14:14
O barómetro do CIS di que o PSOE volvería gañar co 28,3% dos votos

Primeiro barómetro do CIS deste ano, e poucos cambios con respecto ao anterior. Realizouse despois das eleccións do 10 de novembro e antes do nomeamento do novo Goberno.

É tamén a primeira sondaxe desde que se confirmou que José Félix Tezanos seguirá á fronte do Centro de Investigacións Sociolóxicas. Os seus datos din que o PSOE de Pedro Sánchez volvería gañar hoxe as eleccións co 28,3% por cento dos votos, tres décimas máis que na última cita coas urnas.

O PP de Pablo Casado volvería ser a segunda forza co 20 por cento dos sufraxios, case cinco puntos máis que Vox, e máis de sete que Podemos, cuarta forza e agora socia de goberno dos socialistas, que no seu día fora moi crítica con Tezanos. Ciudadanos sería de novo a quinta forza, con poco máis do 5 e medio por cento dos votos.






 

Noticias web

16/01/2020