CRTVG

Buscar

Cincuenta proxectos compiten polo premio final nunha nova edición de Galiciencia

Publicado o 09/05/2019 16:36

Pasear por Galiciencia é facelo por unha chea de propostas. A primeira parada, unha neveira portátil. Seguimos camiño e atopamos a resposta a por que hai tantas praias no concello de Cangas. Tamén nos dan a oportunidade de saber se somos quen de protexernos ben do sol, ou se levamos o peso axeitado nas mochilas. E moito ollo, porque aquí pensan en todo. Mesmo atopamos unha maqueta de como sería sobrevivir na Lúa.

Pois isto non é máis ca unha escolma dos cincuenta proxectos que se poden visitar en Galiciencia estes días. Os gañadores terán a oportunidade de participar noutras feiras nos ámbitos estatal e internacional. Haberá que seguirlles a pista.

Noticias web

09/05/2019