CRTVG

Buscar

Cincocentas olas escacharán esta fin de semana en Xinzo de Limia

Publicado o 15/02/2019 17:12

O carro das olas empeza a coller forma. O domingo partirá deste Museo Galego do Entroido cara a Praza Maior e o barrio de Abaixo de Xinzo, onde as van ir escachando unha a unha.

Tamén están listos os fachós, aquí máis coñecidos como fachuchos, que o sábado á noite iluminarán as rúas da vila durante o colgamento do Meco.

Esta celebración está ambientada na primeira metade do século pasado e recrea a participación dos pobos dos arredores no entroido da vila.

O clímax da celebración é o colgamento do Meco, que tamén está xa preparado.

Así se presenta esta fin de semana na Limia, onde o Entroido ten moitas facianas, e moito tempo.

Noticias web

15/02/2019