CRTVG

Buscar

Cinco persoas feridas esta tarde en accidentes de tráfico en Ourense

Publicado o 30/05/2020 21:41

Un home que conducía baixo os efectos do alcol e as drogas choca contra o muro dun túnel da cidade de Ourense. El saíu ileso pero no coche viaxaban outras dúas persoas que sufriron feridas leves. Foi ás cinco da tarde.

E pouco antes, en Xunqueira de Ambía, unha colisión entre duas furgonetas deixou unha persoa ferida. O 061 mobilizou o helicóptero ao lugar do sinistro, a estrada OU-0110. O helicóptero trasladou tamén esta tarde ao Complexo Hospitalario de Ourense un motorista que se foi da vía na estrada que une A Gudiña con Viana do Bolo.
 

Noticias web

30/05/2020