CRTVG

Buscar

Cinco persoas falecen este martes en Galicia por causa da covid-19

Publicado o 20/10/2020 19:29
Cinco persoas falecen este martes en Galicia por causa da covid-19

Cinco persoas faleceron este martes en Galicia diagnosticadas con coronavirus, informa o Sergas.

Os falecidos eran dúas mulleres de 73 e 78 anos que estaban ingresadas no Complexo Hospitalario de Santiago e no da Coruña respectivamente e dous homes de 84 e 83 anos que estaban ingresados no Hospital de Verín e no Hospital Álvaro Cunqueiro respectivamente.

A quinta vítima desta xornada é unha muller de 91 anos que faleceu na residencia Os Gozos do Pereiro de Aguiar

Desde que se declarou a pandemia, a covid-19 xa causou 836 falecementos en Galicia, 217 nesta segunda vaga.