CRTVG

Buscar

Cinco feridos nunha colisión entre dous vehículos en Sanxenxo

Publicado o 09/08/2020 09:40
Cinco feridos nunha colisión entre dous vehículos en Sanxenxo

Cinco persoas quedaron feridas de diversa consideración por mor dunha colisión entre dous vehículos na EP-9208, na localidade de Pontes, en Sanxenxo.

O 112 Galicia tería constancia do accidente a pasada medianoite. Foi un dos ocupantes o que avisou do acontencido. Segundo esta persoa as persoas estaban liberadas e accesibles, pero precisaban de asistencia sanitaria. Solicitouse a colaboración dos servizos médicos de urxencia, dos Bombeiros do Salnés e dos efectivos do GES de Sanxenxo, e tamén se deu aviso á Garda Civil e á Policía Local.