CRTVG

Buscar

Cinco familias afectadas polo incendio de Pontevedra non poden volver ás súas casas

Publicado o 28/01/2019 18:59

Os veciños do sexto son os máis afectados polos danos que causaron as lapas, polo fume e pola auga empregada na extinción. En total houbo que desaloxar 70 veciños de tres edificios que dan ao patio interior máis afectado polo lume, pero case todos puideron volver ás súas vivendas, menos cinco familias dos andares superiores.

"Unha terraza que tiñamos queimouse completamente, no cuarto rebentou toda a ventá, e como os bombeiros entraron por aquí para apagar, está todo inundado".

O lume orixinouse, segundo os bombeiros, nunha grella, no bar do baixo e propagouse rapidamente polo patio interior malia os esforzos dos traballares do local para sufocalo.

"Eu estaba na casa coa nena e vin o lume. Subía moi rápido. Collín a nena, fun á cociña, baixei os diferenciais e saín co posto".

"Estaban traballando nunha grella e inflamáronse os vapores, que pasaron ao exterior a través dos condutos de ventilación. De forma fulminante, desprazouse pola fachada".

Os peritos están traballando xa na avaliación dos danos.

Noticias web

28/01/2019