CRTVG

Buscar

Cinco detidos polo acoitelamento mortal no barrio madrileño de Usera

Publicado o 19/10/2020 14:16

A policía detivo cinco persoas relacionadas co asasinato dun home no barrio madrileño de Usera e que foi gravado por un veciño co seu móbil. Foron momentos de moita tensión os que se viviron o sábado pola noite cando se produciron os feitos.

Todo indica que a vítima, un cubano de 32 anos, estaba no interior dun bar canda uns amigos. Por razóns que se están a investigar, produciuse unha liorta que acabou co home na rúa golpeado e acoitelado.

Noticias web

19/10/2020