CRTVG

Buscar

Cinco denuncias en Galicia por agresións a sanitarios no que levamos de ano

Publicado o 22/10/2019 20:53

No que levamos de ano, en toda España presentáronse 230 denuncias por agresións ao persoal sanitario, 6 menos có mesmo período de 2017. En Galicia, tan só hai rexistradas 5. A policía cre que a maioría das condutas violentas non se denuncian.

Ourense é a única provincia galega en que non se presentou ningunha denuncia por agresión no que levamos de ano. As dúas de Pontevedra e a única de Lugo son por violencia verbal. Só unha das dúas rexistradas na Coruña é por agresión física.

A policía cre que o número tan baixo de denuncias rexistradas en Galicia é só a punta dun iceberg. Diversos profesionais sanitarios participan na comisaría de Vigo nunhas xornadas formativas para facer fronte a agresións no traballo e tamén para animar a este colectivo a denuncialas. 

A figura do interlocutor policial sanitario creouse en 2017 a instancias do Ministerio do Interior.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019