CRTVG

Buscar

Cinco anciáns faleceron este domingo por coronavirus en Galicia

Publicado o 13/09/2020 21:19

Un novo falecemento esta tarde no hospital Polusa eleva a cinco as vítimas mortais, catro delas en Lugo. Dous dos finados eran anciáns das residencias do Incio e de Outeiro de Rei. A quinta vítima foi unha anciá de 95 anos que estaba ingresada no hospital de Vigo.

Segundo o último informe da Consellería de Snaida continou aumentando o número de hospitalizados, con 15 ingresos máis en planta, aínda que descendeu o número de persoas nas unidades de coidados intensivos, onde hai 26.

A Coruña segue á cabeza en número de casos con 1.304, pero descende desde hai máis dunha semana. Con respecto ao domingo pasado son 120 activos menos. Tamén baixa o número de activos en Lugo e Ourense e sobe en máis de 30 persoas a área sanitaria de Pontevedra. No resto a cifra é semellante á de onte.

O número de persoas que sofren a enfermidade neste momento é de 4.281 e aínda que as altas desde onte superan os novos casos detectados, a cifra de positivos nas últimas 24 horas é de 236, semellante á de toda esta semana.

Mellora a cifra de usuarios de residencias infectados, co aumento de altas entre os anciáns. Só se detectou un caso novo na de Outeiro de Rei e outro na do Incio. Entre os traballadores deron positivo 8 persoas deste xeriátrico.
No caso de usuarios de centros de diversidade funcional mantéñense os 12 casos do centro Ricardo Baró en Oleiros.

 

Noticias web

13/09/2020