CRTVG

Buscar

Bos días

Cifras da xornada de folga

Publicado o 09/03/2018 09:14

Galicia sumouse ás reivindicacións dunha folga feminista que nos deixa hoxe estas cifras en España.

A primeira: 5,9 millóns de traballadoras. Son as que, segundo os sindicatos, secundaron a folga feminista do 8M. Uníronse aos paros parciais, que convocaron Comisións e UXT ou de 24 horas, que convocaron os colectivos feministas.
Outra cifra: a das douscentas cidades e vilas que acolleron manifestacións. Un clamor histórico pola igualdade.

As máis numerosas: as de Barcelona, Madrid, Bilbao, Sevilla e Vigo, que destaca a nivel estatal entre as máis concorridas.

Sen entrar nas cifras concretas. Os milleiros de manifestantes ateigaron prazas e rúas e chegaron a colapsar os centros das cidades.

E rematamos con seguimento por sectores. No sector público os paros tiveron unha repercusión alta. No ensino, por exemplo, foi masivo, principalmente nas universidades.
Na industria houbo un seguimento desigual. En empresas como Bimba e Lola ou Inditex houbo paros. En Citroën, cun cadro de persoal maioritariamente masculino, o seguimento foi mínimo.
E que pasou co sector servizos? Foi onde menos impacto tiveron os paros. Nos pequenos comercios, establecementos hosteleiros e o sector agrículo a repercusión foi baixa.




Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

09/03/2018