CRTVG

Buscar

Ciara mantén centos de voos cancelados e miles de casas sen luz

Publicado o 10/02/2020 14:59

O temporal Ciara que azouta Europa obriga desde onte a cancelar centos de voos en cidades como Londres, Amsterdam, Bruxelas ou Berlín, así como trens de longo percorrido e transportes en xeral.

En Inglaterra, un dos países mais castigados, non só houbo que cancelar voos, senón que as adversas condicións meteorolóxicas complicaron aterraxes como a deste avión en Birmingham, no que se ve como as fortes rachas moven a aeronave pouco antes de que tome terra.

Máis de 100.000 fogares quedarona sen luz en todo o Reino Unido, onde o vento e a forte marusía provocaron danos en vilas, estradas e portos, nos que as ondas rebasan diques e chegan preto das casas.

Debido á chuvia torrenciais, hai máis de 200 alertas de inundación, e o vento chegou a acadar os 145 quilómetros por hora.

Tamén en Francia están en alerta laranxa 27 departamentos do norte do país e a caída do suministro eléctrico chegou a afectarlle a 130.000 casas.

En Alemaña, onde o denominan Sabine, está a causar estragos como os que se aprecian na catedral de Frankfurt. A alerta activada neste país mantense ata hoxe pola tarde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2020