CRTVG

Buscar

A China lanza con éxito unha sonda espacial para recoller mostras na lúa

Publicado o 24/11/2020 08:00

A China lanzou esta noite a sonda espacial Chang'e-5 para recolectar mostras na Lúa. O lanzamento levouse a cabo desde o sur do país e foi exitoso, segundo o responsable da misión. A nave tardará un par de días en chegar á superficie lunar e espérase que volva á Terra a mediados de decembro con dous quilos de mostras dunha área non visitada anteriormente na cara visible da Lúa.








 

Noticias web

24/11/2020