CRTVG

Buscar

Chile renuncia a acoller o cumio sobre o cambio climático

Publicado o 30/10/2019 20:55

Chile vive, desde hai duas semanas, unha protesta social contra a desigualdade e o Goberno, con masivas manifestacións e disturbios violentos que deixaron, ata agora, unha vintena de falecidos, e centos de feridos e detidos.

Nese escenario, o presidente, Sebastián Piñera, anunciou este mércores que renuncia a acoller os cumios internacionais sobre o cambio climático que se ían celebrar no país nos meses de novembro e decembro.


 

Noticias web

30/10/2019