CRTVG

Buscar

Chile dá por mortos os 38 pasaxeiros do avión que caeu no mar de Drake

Publicado o 13/12/2019 08:45
Chile dá por mortos os 38 pasaxeiros do avión que caeu no mar de Drake

O exército chileno considera practicamente nula a posibilidade de atopar sobreviventes do avión que caeu en augas do mar de Drake cando se dirixía á Antártida con 38 persoas a bordo.

Os restos localizados aboiando no mar, entre eles varios cadáveres incompletos e partes do tren de aterraxe, permitiron determinar o lugar onde caeu a aeronave e reducir considerablemente a zona de busca.

Noticias web

13/12/2019