CRTVG

Buscar

Antón Gómez-Reino (Galicia en Común): "Imos trasladar a nosa proposta de futuro para cambiar este país"

Publicado o 29/06/2020 19:22
Antón Gómez-Reino (Galicia en Común): "Imos trasladar a nosa proposta de futuro para cambiar este país"

Antón Gómez-Reino, candidato de Galicia en Común-Anova, chegaba ás 20:20 á CRTVG e as súas primeiras palabras foron para os traballadores de Alcoa que se manifestaban ás portas das instalacións da corporación dos medios públicos galegos e dixo que "é imprescindible salvar os máis de cincocentos postos de traballo que hai en xogo agora mesmo na Mariña".

"É un pracer estar nesta casa. Tamén dicir que temos o compromiso de acabar co control político do Partido Popular na radiotelevisión pública de Galicia", dixo Gómez-Reino, quen dixo que "hoxe imos trasladar a nosa proposta de futuro para cambiar este país, e hoxe agardamos comezar a deixar atrás a Galicia do pasado e do Partido Popular".