CRTVG

Buscar

Ana Pontón (BNG): "Intentaremos convencer máis galegos e galegas de que somos a alternativa real"

Publicado o 29/06/2020 19:24
Ana Pontón (BNG): "Intentaremos convencer máis galegos e galegas de que somos a alternativa real"

Ana Pontón, a candidata do BNG, chegou arredor das oito da tarde, e á súa chegada dixo que estaba "encantada de estar na casa de todos os galegos e galegas para que hoxe poidan ver cal é o contraste entre as opcións políticas e intentar ilusionar máis xente co cambio que cremos que representa o BNG".

"Cremos que este é un gran país, con moitas oportunidades, e nesta crise temos todo para poder saír adiante, enfrontando os problemas que temos", asegurou Ana Pontón, quen dixo que o debate "é a esencia da democracia, non entenderiamos unhas eleccións sen un debate, e agardamos que sirva a todas as persoas que teñen dúbidas, e desde o BNG intentaremos convencer máis galegos e galegas de que somos a alternativa real".