CRTVG

Buscar

Chega ao porto de Vigo o Sedov, o buque escola máis grande do mundo

Publicado o 26/12/2019 15:23

O Sedov leva 98 anos en activo desde a súa construción en Alemaña e a súa posterior entrega á antiga URSS logo da Segunda Guerra Mundial. Navega desde Kaliningrado xunto ao Kruzenshtern, parou en Brest e, tras o seu paso por Vigo, continuará a súa volta ao mundo denominada "Velas pola paz".

Os seus catro mil metros cadrados de velas levaban sen pasar por Vigo desde o 2011. Nunhas horas deixará as Cíes ao fondo camiño das Canarias.

Noticias web

26/12/2019