CRTVG

Buscar

Chega a Galicia Dora, un temporal de vento, chuvia, neve e ondada

Publicado o 03/12/2020 22:17

Xa se notan os primeiro efectos de Dora, esta borrasca que onde máis vai complicar a situación é no mar. Desde a Costa da Morte ata Bares xa está activa a alerta laranxa. E mañá empeora, porque a alerta será vermella. O resto do litoral, a costa cantábrica e mais as Rías Baixas quedarán con aviso laranxa.

Os efectos de Dora tamén se van notar en terra. Mañá, agás nas zonas de costa, pode nevar por riba dos 500 metros e podense acumular ata 3 cm. Na alta montaña a neve acumulada pode superar os 10 cm. Ademais do mar e a neve tamén teremos frío. Mañá en boa parte de Galicia as temperaturas máximas non van superar os 10 graos. Pero teremos máis frío que o que marcan os termómetros polo vento do noroeste. 

O sábado a situación mellorará en terra. No mar haberá que agardar ata o domingo.

Noticias web

03/12/2020