CRTVG

Buscar

Manuel Charlín Gama volverá a xuízo por branqueo de cartos procedentes do narcotráfico

Publicado o 26/01/2021 09:11

Manuel Charlín Gama volverá a xuízo. A Fiscalía Antidroga da Audiencia Nacional abre xuízo oral contra o histórico capo galego, de 88 anos, como presunto xefe dunha organización criminal que branqueaba cartos procedentes do narcotráfico. Canda el son procesadas outras once persoas máis, entre elas catro fillos e dúas netas de Charlín. O fiscal pide para todos penas que suman 61 anos de cárcere e 209 millóns de multa ao clan familiar. A Fiscalía acúsaos de ocultar un patrimonio valorado en 12 millóns de euros procedentes do narcotráfico.

Noticias web

26/01/2021

Máis sobre actualidade