Piden a axuda dos bombeiros para sacarlle un anel encaixado no pene a un home de Vigo
Publicado o 25/08/2020 14:57

Os bombeiros de Vigo tiveron que retirar esta noite un anel que estaba encaixado no pene dun home.
O equipo médico foi incapaz de realizalo polos seus propios medios e tivo que chamar os bombeiros, que lograron quitalo cunha rebarbadora de precisión.
Foi unha intervención inusual para o equipo de bombeiros que se achegou ata as urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para poder cortar o anel que atoparon no pene do paciente e no que levaba xa varias horas provocando moita inchazón.
Máis sobre Vigo
05/03/2021 21:18