CRTVG

Buscar

Campaña de entrega de chalecos para previr accidentes de ciclistas nas estradas

Publicado o 25/05/2019 14:55

Mellorar a visibilidade dos ciclistas para evitar accidentes é o obxectivo desta campaña que están a desenvolver a Federación Galega de Ciclismo, a Garda Civil e a Xunta. Durante os próximos meses van repartir 3.000 chalecos reflectores nas vías ciclistas seguras animando os 8.000 ciclistas federados e os afeccionados a que os leven sempre cando andan en bicicleta.

Os tres mil chalecos de gran calidade con petos traseiros,cortaventos e cremalleira foron facilitados pola Consellería de Infraestruturas e estánse a repartir nas doce vías ciclistas denominadas seguras como esta ruta do sol entre Pontevedra e Sanxenxo e O Grove ou a Baiona-A Guarda. A Federación Galega de Ciclismo e a Garda Civil queren concienciarnos do importante que é que os ciclistas se vexan ben para eliminar o perigo de accidentes.

Estanislao que tamén recibíu un chaleco é moi consciente do importante que é levar roupa rechamante para ser visto nas estradas en condicións de mala visibilidade.
A norma polo de agora esixe chalecos reflec tantes ao amencer e a partir do lusco fusco. En Galicia hai oito mil ciclistas federados en 280 clubes e 800 quilómetros de rutas seguras para eles.

Noticias web

25/05/2019