CRTVG

Buscar

A policía di que a protesta dos chalecos amarelos perde forza no seu quinto sábado

Publicado o 15/12/2018 21:57

O pazo da Ópera foi a principal referencia da xornada para os chalecos amarelos, que viron hoxe como moitos dos monumentos tomados por eles outros sábados amenceron pechados por orde gobernativa. Tamén foi moi distinta a cifra de participantes, moito máis reducida ca nos catro sábados anteriortes. E tamén quedou lonxe o número de detidos, 157. O goberno despregara, para evitar os incendios, desmáns e saqueos dos sábados anteriores, uns oito mil policías.

Iso, unido á mingua de manifestantes, fixo que os enfrontamentos fosen esta xornada moito menos encarnizados. Con todo, o principal argumento para a desmobilización constituírono as promesas que fixo o luns o presidente da república. A novidade deste quinto sábado foi un grupo de mulleres que desfilaron polas rúas disfrazadas como Marianne, o símbolo republicano francés.

Noticias web

15/12/2018