CRTVG

Buscar

'Chair challenge': por que só poden superar este reto as mulleres?

Publicado o 05/12/2019 12:02
'Chair challenge': por que só poden superar este reto as mulleres?

O reto da cadeira ou 'chair challenge' fíxose viral nas rede sociais. Consiste en colocarse fronte a unha parede, dar tres pasos cara atrás e inclinarse ata que o corpo forme un ángulo de 90 graos, coa cabeza tocando a parede. Unha vez feito iso só queda coller a cadeira coas dúas mans e intentar erguerse.

O reto semella sinxelo pero só para as mulleres. Ningún home é capaz de completalo e isto ten unha explicación científica.

Os expertos consideran que os homes teñen o centro de gravidade no abdome e máis masa corporal nesa zona, e á hora de poñerse de pé fáiselles moito máis difícil.

O centro de gravidade da maioría das mulleres, pola contra, está nos cadrís ou máis abaixo. Daquela, para a maioría das rapazas, o centro de gravidade mentres están inclinadas sobre a cadeira está por riba dos seus pés, mentres que para a maioría dos rapaces está por riba dos cadrís.

Pero pode haber outra posible explicación: os pés. Por norma xeral, o pé feminino é máis pequeno que o masculino, así que ao separarse da parede os homes estarán a unha distancia maior que as mulleres e terán máis dificultades para levantar a cadeira.

A orixe do reto

Pode parecer unha novidade pero o "Chair challenge" ten case corenta anos. Nun capítulo da serie 'Todo en familia', da década dos setenta, varias personaxes proban pero só o conseguen facer as mulleres.

No 2009 o dono da canle de Youtube kenbabe2O12 xa subiu un vídeo con este truco.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí