CRTVG

Buscar

'Chair challenge': os homes non, as mulleres si

Publicado o 13/12/2019 15:19

O profesor atrévese a afrontar o reto da cadeira e convértese nun ser humano macho que, malia o titánico esforzo, sabe que ten que desistir. Sabe que son cousas da física.

A alumna, en cambio, conségueo con tal naturalidade que se sorprende de que nos sorprendamos.

A presentadora Susana López tamén fai que pareza tremendamente fácil. Pero non, non todo o mundo pode.

"En promedio, os homes non e as mulleres si", resume o físico Jorge Mira.

"Eu teño a miña masa máis colocada cara á parte de arriba, e polo tanto o meu centro de masas está máis cara ao embigo. Se eu me anico facendo un ángulo de 90 graos, o meu centro de masas vai caer fóra da planta dos meus pés, e a nada que lle sume unha cadeira xa o desprazo aínda máis para arriba".

"Non é o caso delas. Elas teñen o centro de masas máis baixo, e aínda que collan a cadeira, o seu centro de masas non se eleva o suficiente coma para caer fóra dos pés, polo tanto elas poden subir a cadeira sen problemas para arriba".

Pero non, Inma Morandeira non pode. E o presentador Bernardo Montaña dálle suspense á súa facilidade mesmo sendo home.

É cousa da física, pero esta diferenza entre sexos non é matemática.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/12/2019