CRTVG

Buscar

Centos de voluntarios acompañan telefonicamente os que o precisan nestes días de confinamento

Publicado o 07/04/2020 16:49

Un cento de voluntarios repartidos polas catro provincias atenden as demandas de acompañamento telefónico dos que o precisen nestes días de confinamento. O 900 400 800 atende preferentemente as persoas maiores. 

O teléfono xa existía, pero nesta época de confinamento atende unha liña social específica concreta: o apoio e acompañamento das persoas que o precisen. Sobre todo, das maiores.

Son un cento de voluntarios repartidos polas catro provincias, a metade menos de 30 anos.

O 900400800 está dispoñible de dez da mañá ás tres da tarde e de catro a oito da tarde. É de balde.

Noticias web

07/04/2020