CRTVG

Buscar

Centos de veciños de Vigo estiveron 7 horas sen auga pola rotura de dúas canalizacións

Publicado o 20/05/2020 14:29

Centos de veciños de Vigo sufriron un corte de auga que durou case sete horas e que lles impediu asearse en pleno estado de alarma. O motivo foi a rotura de dúas canalizacións na contorna da praza de España, en pleno centro da cidade. Varios operarios municipais trasladáronse á zona para arranxar a avaría. As cafeterías que estaban abertas tampouco puideron traballar debido á falta de presión da auga. Esta mañá o problema xa estaba solucionado.

Noticias web

20/05/2020