CRTVG

Buscar

Centos de persoas manifestáronse para esixir a liberación da líder opositora Maria Kolesnikova

Publicado o 09/09/2020 09:57

Centos de persoas manifestáronse polas rúas da capital de Belarús para esixir a liberación da líder opositora Maria Kolesnikova, detida pola garda fronteiriza.

Kolesnikova rachou o seu pasaporte para evitar ser expulsada a Ucraína e despois foi trasladada a un lugar decoñecido. A detida é membro do consello opositor que pide a saída do poder do presidente Lukasehenko.

Dos sete membros iniciais dese consello só dous permanecen en liberdade en Belarús; os outros cinco marcharon ao exilio ou foron detidos polas autoridades.

 

Noticias web

09/09/2020