CRTVG

Buscar

Centos de fieis recrean o viacrucis de Cristo en Xerusalén

Publicado o 19/04/2019 21:10

Fieis de todo el mundo representaron o calvario de Cristo e recrearon os seus pasos en Xerusalén pola Vía Dolorosa, seguindo o camiño que o levou á súa crucifixión. Cunha mañá solleira, miles de persoas reuníronse entre as estreitas rúas da Cidade Vella con moita expectación e ante un forte dispositivo de seguridade da policía israelita. Así percorreron as catorce estacións que, segundo a tradición cristiá, fixo Cristo antes de morrer na cruz.



 

Noticias web

19/04/2019