CRTVG

Buscar

Celébrase o 183 aniversario de Rosalía de Castro arredor dunha obra que segue viva

Publicado o 24/02/2020 21:00

Xente de todas as idades e lectores de xeracións diversas déronse cita na Coruña unidos pola súa admiración a Rosalía e a súa obra.

Cúmprense 183 anos do nacemento de Rosalía pero os seus poemas e textos están máis vixentes ca nunca.

A música da primeira alborada de Rosalía e unha ofrenda floral na pía onde a bautizaron abriron o acto celebrado en Compostela en que representantes institucionais e da cultura galega deron lectura aos seus textos. Non faltou nesta xornada o caldo de gloria tamén coñecido como caldo rosaliano, realizado seguindo a receita que a poeta describe na obra 'Miña casiña, meu lar' de Follas Novas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/02/2020