CRTVG

Buscar

Celebra os seus 99 anos coa noticia de que superou o coronavirus

Publicado o 26/10/2020 16:42

Consuelo é a proba de que o virus se pode derrotar mesmo a moi avanzada idade. Esta muller celebrou os seus 99 anos con coronavirus nunha residencia de Vigo, e o seu mellor agasallo foi que inmediatamente despois recibiu a noticia da súa curación.

Festexou o aniversario na zona covid, cunha torta e un biscoito, acompañada por outros usuarios e polas relixiosas que se encargan do centro.

Xunto a ela tamén se recuperaron xa outros 16 anciáns e cinco traballadoras da residencia, situada en Alcabre.

Noticias web

26/10/2020