CRTVG

Buscar

Celaá nega que se vaia dar o título de ESO con suspensos

Publicado o 15/10/2020 20:13

O Goberno nega que este ano se vaia poder sacar o título de de Educación Secundaria ou de Bacharelato con materias suspensas. Así o asegurou a ministra de Educación na defensa do decreto de medidas urxentes pola crise do coronavirus. Isabel Celaá explicou que cada comunidade autónoma terá liberdade para fixar os criterios para conceder os títulos, pero garantindo que o alumno acadou os obxectivos fixados. O Partido Popular votará en contra porque cre que se está fomentando o aprobado xeral e a igualación dos alumnos por abaixo.

Óscar Clavell, do PP, dixo que "este Goberno se converteu na antítese do esforzo, do traballo e da constancia e pretende implantar esta vontade nos nosos mozos, que son o futuro de España". Isabel Celaá, ministra de Educación, explicou que "a decisión de titulación adoptarase tras garantir a adquisición dos obxectivos xerais da etapa. Afirmar que poderá titularse con suspensos é, sinxelamente, falso".

Noticias web

15/10/2020