CRTVG

Buscar

Ceden pisos para que os sanitarios se poidan illar das súas familias

Publicado o 03/04/2020 00:05

Buscan pisos baleiros, amoblados, coas subministracións dadas de alta e que os propietarios os cedan. O proxecto Emergency Home naceu para protexer os familiares dos sanitarios e corpos de seguridade.

En Vigo xa atoparon piso para sete sanitarios, unhas vivendas cedidas gratuitamente. Son contratos dun mes que se poden prolongar. O contrato asínase de xeito telemático e fan chegar as chaves dun xeito seguro.

É o caso de Alejandra, residente de primeiro ano de Medicina Interna en Povisa, unha das primeiras profesionais realoxadas.

Hai xa dous sanitarios agardando para asinar o contrato e seguen buscando máis vivendas.

Noticias web

03/04/2020