CRTVG

Buscar

Ceden vivendas turísticas de balde para os sanitarios

Publicado o 07/04/2020 09:07

O parón da actividade turística non deixou as vivendas de uso vacacional baleiras. Polo menos, algúns dos seus propietarios decidiron procurar novos inquilinos. Agora ofrécenllas gratis ao persoal sanitario para que así evite desprazamentos e poida illarse mellor.

Óscar Soneira é directivo de Aviturga (Asociación de Vivendas Turísticas Galegas): "Esta iniciativa xurdiu de forma natural. Un asociado noso comentounos que quería axudar e ocorréuselle ceder a súa vivenda ao colectivo dos sanitarios galegos. Cando o comentamos na asociación, apuntáronse tamén outros 30 propietarios que deixaron 30 vivendas de forma gratuíta".

Ademais, Aviturga púxose tamén en contacto coa Xunta de Galicia para poñer vivendas turísticas a disposición de persoas sen recursos durante este período de confinamento. Están á espera da resposta das autoridades para poder facer así a súa achega social.

Noticias web

07/04/2020