CRTVG

Buscar

Pascua Xudía ou "Pésaj" tamén en Vigo, con ceas simbólicas da fin da escravitude

Publicado o 20/04/2019 01:11

Este venres tamén celebran en moitos lugares a Pascua Xudía, tamén coñecida como a festa do Pésaj.

Trátase dunha cea familiar na que a poboación xudía de Israel conmemora a liberación de Exipto hai máis de 3.000 anos. Os alimentos están cheos de simbolismos que lembran a fin da escravitude.

Compartimos cunha familia xudía en Vigo para coñecer un pouco máis desta tradición que avoga por fortalecer a identidade e o respecto:

Samuel e a súa familia celebran na noite do venres a sábado a Pascua Xudía.

Levan nove anos en Vigo pero esta tradición, que os acompañou por boa parte do mundo, serve para lembrar a liberación dos seus antepasados. Arredor desta mesa e acompañado dos seus conmemoran a festividade máis importante dos xudeus.

No seu lugar comen mazsá, un elemento común para todos os xudeus. A gastronomía é moi importante, sobre todo algúns dos seus alimentos, porque simbolizan esa liberación. Este prato é un bo exemplo. Ovo, polo, rúcula, mazá ou jarozed e a pataca como froito da terra.

Porque a carón desta mesa sentarán un total de 17 comensais. Catro xeracións da súa familia e algúns amigos para compartir unha tradición que avoga polo diálogo e o entendemento.

Noticias web

20/04/2019