CRTVG

Buscar

Cazolada nas Pontes contra o novo convenio colectivo da central térmica

Publicado o 05/05/2020 18:53

E hoxe, coincidindo coa celebración da xunta de accionistas de Endesa, houbo protesta nas Pontes. Con esta cazolada dende as ventás, quixeron amosar o rexeitamento á aprobación do último convenio colectivo na central térmica, un convenio que, segundo os sindicatos, vai supoñer a perda de dereitos históricos. Tamén din que repercutirá negativamente na economía de toda a zona.

Noticias web

05/05/2020