CRTVG

Buscar

Catro profesionais do servizo de urxencias de Montecelo dan positivo en coronavirus

Publicado o 03/10/2020 21:21

Tres médicos e unha técnico auxiliar de enfermería do servizo de urxencias do hospital de Montecelo dan positivo en coronavirus nas probas PCR. Os tres médicos e a auxiliar de enfermería contaxiáronse, segundo fontes da xerencia Pontevedra-O Salnés, fóra do hospital. Por iso non é necesario illar ningunha área do hospital. Por protocolo, dentro de sete días repetiranlles as probas.

Noticias web

03/10/2020