CRTVG

Buscar

Catro persoas investigadas pola súa presunta relación coa vaga de roubos na provincia de Pontevedra

Publicado o 19/02/2020 20:35

Catro persoas están sendo investigadas pola súa presunta relación coa vaga de roubos dos últimos quince días no sur da provincia de Pontevedra. Esta espectacular imaxe é desta tarde, correspóndese co momento en que foron arrestados os ocupantes dun vehículo que saltou un control policial nas proximidades da peaxe de Rande, en Redondela. Os axentes están a controlalos mentres comproban que non están armados.

Os catro homes, todos de nacionalidade estranxeira, quedaron finalmente en liberdade, pero en calidade de investigados. Tres deles contan con antecedentes policiais. A Policía Nacional confirmou á Televisión de Galicia que se incautou de varios obxectos destas persoas, entre eles, xoias cuxa procedencia non puideron demostrar. O operativo segue en marcha nas zonas en que se están a producir eses asaltos en vivendas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2020

Máis sobre Pontevedra