CRTVG

Buscar

Catro gaseiros coinciden na ría de Ferrol

Publicado o 18/09/2019 21:36

Coinciden catro grandes buques na ría de Ferrol. Todos teñen arredor de 300 metros de eslora. Os catro son buques gaseiros con destino a Reganosa. Un está atracado na terminal da planta de gas en Mugardos e os outros tres nas instalacións portuarias de Navantia.

Cando aínda quedan máis de tres meses para rematar 2019, a terminal de gas licuado xa recibiu este ano tanto buques como en todo o 2018.

Noticias web

18/09/2019