CRTVG

Buscar

Catro falecidos nas residencias de maiores nas últimas horas en Galicia

Publicado o 14/09/2020 20:55
Catro falecidos nas residencias de maiores nas últimas horas en Galicia

En canto á situación das residencias da terceira idade, hai que contar catro falecidos máis nas últimas 24 horas. Un deles era un ancián usuario da residencia de Pereiro de Aguiar. Tamén faleceron dúas mulleres que estaban ingresadas no Hospital Lucus Augusti, e que procedían da residencia DomusVI de Outeiro de Rei. A cuarta vítima é tamén unha muller que estaba no hospital Polusa de Lugo.

Noticias web

14/09/2020