CRTVG

Buscar

Catástrofe ambiental en Illa Mauricio provocada por un petroleiro xaponés

Publicado o 08/08/2020 22:02

Emerxencia ambiental en Illa Mauricio. Unha marea negra avanza sobre este paradisíaco arquipélago do Océano Índico, despois de que un petroleiro xaponés encallase o pasado 25 de xullo, desencadeando o que os ecoloxistas consideran xa unha das peores crises ambientais.

O barco navegaba desde a China con rumbo a Brasil.No momento do accidente non transportaba carga, pero ia con unhas 200 toneladas de diésel e 3.800 de petróleo para consumo propio. O Goberno de Mauricio pediu xa axuda a Francia, mentres as augas deste destino turístico paradisíaco se tinguen de negro, ameazando a rica flora e fauna da illa.


 

Noticias web

08/08/2020