CRTVG

Buscar

Castells salienta que Galicia mantivo as taxas universitarias máis baixas

Publicado o 24/09/2020 19:28

O ministro de Universidades compareceu no Congreso para dar conta das medidas a aplicar no curso pola pandemia. Castells dixo que aposta por unha universidade gratuíta e puxo de exemplo o acordo coas comunidades para reducir as taxas. O ministro destacou o caso de Galicia.

"Quen cren vostedes que foi a comunidade que mantivo as taxas máis baixas e que, polo tanto, non houbo que cambialas? Sorpresa, sopresa: Galicia. Galicia, gobernada desde hai moito tempo polo Partido Popular, pero é que hai PP e PP, afortunadamente. Eu, máis ben son do modelo galego. Galicia mantívoo e, polo tanto, Galicia non tivo que reducir nada", di Manuel Castells, ministro de Universidades.

Noticias web

24/09/2020