Case un 13 por cento dos galegos non usou Internet nos últimos tres meses
• Galicia, na cola en uso de Internet e en compras virtuais en España

Galicia figura na cola das comunidades autónomas en porcentaxe de uso de Internet no últimos tres meses e de compras virtuais, segundo datos divulgados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Galicia é a comunidade coa porcentaxe máis baixa de persoas (87,4 %) que utilizaron Internet no últimos tres meses, fronte a unha media de 93,2 % no conxunto de España.
Así mesmo, tamén é a última comunidade en porcentaxe de usuarios diarios de Internet (75,2%) fronte a unha media de 83,1 % no estado.
Ademais, Galicia é a penúltima en proporción de persoas que fixeron algunha compra por Internet no últimos tres meses (47,2 %), só superada polo arquipélago das Canarias (37,5 %), fronte a unha media de 53,8 % en España.