CRTVG

Buscar

PP e C's pídenlle a Sánchez que rache cos independentistas

Publicado o 15/10/2019 12:51

O líder do PP e candidato á Presidencia do Goberno, Pablo Casado, anunciou este martes que se o presidente Pedro Sánchez quere o apoio do seu partido para afrontar a situación en Cataluña terá que "romper hoxe todos os acordos" no ámbito municipal con ERC e JxCat.

En declaracións aos xornalistas en Ávila, Casado asegurou que se logra gobernar tratará de recuperar as competencias penais que ostenta actualmente a Generalitat de Cataluña e condicionou o apoio do seu partido ao Executivo con que o PSOE rompa o acordo de goberno na Deputación de Barcelona e outros concellos cataláns.

"Xa está a tardar", avisou Casado, convencido de que Sánchez "debe o Goberno" aos independentistas, en referencia ao apoio parlamentario á moción de censura que lle levantou á presidencia do Executivo.