CRTVG

Buscar

Casado reclama o cesamento de Alberto Garzón pola polémica arredor do Rei

Publicado o 26/09/2020 15:05

A ausencia do Rei no acto do Consello Xeral do Poder Xudicial en Barcelona, a súa chamada telefónica a Carlos Lesmes dicíndolle que lle gustaría estar presente e os posteriores chíos en Twitter de Pablo Iglesias e Alberto Garzón conforman un panorama de controversia que segue coleando esta fin de semana.

Os socialistas evitaron onte entrar no asunto e hoxe preguntábanlle a Camen Calvo polas mensaxes de Garzón e Iglesias: "Ben, onte foi unha cadea de cuestións que todos deberían empezar a tranquilizarse. Temos cada un e todos, cada un e todos, que manternos na nosa posición constitucional, pero cando digo todos, digo todos".

Desde o PP, Pablo Casado aludía a que o Goberno fomenta a fractura e a discordia entre españois e expoñía as medidas que pedirán en relación con Garzón e Iglesias: " O cesamento decontado do ministro Alberto Garzón e levaremos ás Cortes Xerais a reprobación do vicepresidente Pablo Iglesias polos seus ataques á Xefatura do Estado. Rexistremos a comparecencia urxente de Pedro Sánchez como o único responsable de ter no Goberno un partido imputado por financimento irregular, defensor da tiranía venezolana e aliado dos albaceas do terrorimo etarra".

Noticias web

26/09/2020