CRTVG

Buscar

Casado fala con Sánchez para pedir máis medios e tests masivos do COVID-19

Publicado o 23/03/2020 13:43

O líder do PP, Pablo Casado, falou este luns co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a quen solicitou que haxa máis medios de protección e intervención para afrontar o coronavirus así como test masivos, ademais de interesarse polos membros do Goberno e da súa familia que se atopan afectados.

Así o explicou nunha comparecencia retransmitida por nternet, tras manter unha videoconferencia con alcaldes da FEMP da súa formación acompañado polo alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, á parte de reclamar que "se atrase a cobranza de impostos a todos os españois", sobre todo autónomos e pequenos empresarios.

Casado reclamou estas e outros "demandas sensatas" porque xa haberá tempo de dirimir "a incompetencia ou a incapacidade" porque agora é o momento de "remar xuntos na mesma dirección" polo que reiterou a Sánchez que apoiará a ampliación do decreto de alarma que se debate o mércores no Congreso.