Casado acusa a Sánchez de estar ausente no medio da crise
Publicado o 03/11/2020 15:12
Sobre a xestión gobernamental da covid falou hoxe o líder da oposición. Pablo Casado acusa o executivo de Sánchez de incompetencia e de covardía por deixar abandonadas as comunidades autónomas. O líder do Partido Popular tamén critica a ausencia, di, do xefe do executivo.