Carreiras en Ourense e invasión de mulleres en Verín para celebrar o Xoves de Comadres
Publicado o 20/02/2020 14:29
E hoxe é Xoves de Comadres, o tiro de saída aos días grandes do Entroido. Na cidade de Ourense, a praza Maior foi o escenario da tradicional loita de sexos protagonizada polos máis pequenos.
E en Verín xa teñen todo listo para a xornada máis multitudinaria da festa. Grupos de mulleres chegadas de distintos puntos de GAlicia e mesmo de fóra comparten mesa e troula.
Despois da media noite, a troula trasládase ás rúas. Escoltado polos cigarróns, don Carnal acode á casa do escudo buscar a raíña do Entroido. Xuntos percorreán as rúas da vila ata a Praza Maior onde lle darán a benvida aos días grandes da festa.
Máis sobre actualidade
06/03/2021 23:05